7 mar 2016

ACLARACIÓN DO PRAZO PARA CURSO SUPERIOR DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA

egap2

PRAZO DE MATRÍCULA ABERTO ATA AS 14 HORAS DO 14 DE MARZO.
A EGAP CONVOCA CINCO EDICIÓNS DO CURSO SUPERIOR DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA:
 Dúas edicións (60 prazas) destinadas ao persoal da Administración de xustiza que preste servizos fóra de Galicia.
Prazo de matrícula aberto ata as 14 horas do 14 de marzo enhttp://egap.xunta.es/matricula .
Dentro do prazo de presentación de solicitudes os solicitantes deberán enviar a xestion.egap@xunta.es unha copia do formulario de solicitude, unha certificación de ter superado o nivel de coñecemento do idioma galego, un documento que acredite a antigüidade na Administración e, de ser o caso, a documentación complementaria que acredite circunstancias específicas.
 Tres edicións (90 prazas) destinadas ao persoal da Administración de xustiza que preste servizos dentro da Comunidade Autónoma.
 Prazo de matrícula aberto ata as 14 horas do 14 de marzo enhttp://egap.xunta.es/matricula .
Só no caso de ser seleccionado, deberá enviar nun prazo de tres días hábiles desde a publicación da listaxe definitiva de admitidos a xestion.egap@xunta.es unha copia do formulario de solicitude; unha copia escaneada da certificación que acredite a superación ou a validación do curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes; e, de ser o caso, o certificado de estar colexiado como avogado ou procurador ou de estar matriculado nunha escola de práctica xurídica. Para os intérpretes de linguaxe de signos exixirase unha certificación da Federación de Xordos que acredite a intervención habitual do solicitante como intérprete nos xulgados ou tribunais, nas notarías ou nos rexistros da propiedade ou mercantís.
Para máis información http://egap.xunta.es/fichanova/id/2309 ou no DOG núm. 43, do 3 de marzo.