Mostrando entradas con la etiqueta CURSOS FORMACION. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSOS FORMACION. Mostrar todas las entradas

11 nov 2016

Plan de formación do concurso de traslados


98e3c-logo_intranet_xustiza-compressorComo consecuencia da resolución do concurso de traslados de 2016 do persoal dos corpos de xestión, tramitación e auxilio, producirase un importante movemento de persoal nos distintos órganos da Administración de xustiza en Galicia, non só de persoas procedentes doutras comunidades autónomas, senón tamén cambios de destino dentro da Administración de xustiza de Galicia.
Co fin de que este persoal reciba a formación máis axeitada para o posto de traballo no que se vai incorporar, e logo de analizar a información relativa aos postos de orixe e destino, está prevista unha formación diferenciada segundo:

16 jun 2016

CURSOS DE LINGUA GALEGA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

1 jun 2016

CURSO SUPERIOR DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA

egap2
 PREME PARA VER RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2016 pola que se convocan, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cinco cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega para persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia.
a) Os cursos van dirixidos:
Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.
b) Para acceder a este curso é necesario ter validado ou superado:
– O curso medio de linguaxe administrativa galega, o curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no punto 2º do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

1 abr 2016

CURSO SUPERIOR LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PUBLICADAS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS


 egap2SPJ-USO, DENUNCIA  PÉSIMA GESTIÓN CURSO SUPERIOR LINGUAXE XURÍDICA GALEGA
El pasado día 30 de marzo se publicó en la página web de la EGAP  la relación de admitidos a las diversas ediciones convocadas del curso superior de linguaxe xurídica galega para el personal al servicio de la administración de justicia, destinados dentro y fuera de nuestra Comunidad.
SPJ-USO quiere denunciar la pésima gestión que la EGAP ha hecho de estos cursos. Así, a la escasez de plazas ofertadas, punto ya denunciado en su día por este sindicato, se suma ahora la falta de transparecencia en el proceso selectivo, dado la omisión en la publicación de cualquier dato, referencia o puntuación determinante en la concesión de los mismos,  atentándose  contra los derechos de los compañer@s solicitantes, al verse imposibilitad@s  para  comprobar la exactitud o detectar posibles errores en las listas publicadas.
Por todo ello, instamos a la EGAP para que en ejercicio de sus facultades de gestión de la formación,  promueva cuanto sea necesario para una gestión  eficaz, transparente, garantista  y responsable de estos “vitales”cursos para nuestro colectivo.
LISTAS EGAP

23 mar 2016

Curso de prevención Riscos Laborais


egap2ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2016 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

4 mar 2016

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA formación continua en materia de idiomas


logo_dogESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2016 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
PREME NO ENLACE                      FORMACIÓN DOGA

11 feb 2016

CURSOS EGAP 2016


CURSOS EGAP 20161

Cursos de formación EGAP


logo_dogRESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2016 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Curso de prevención para Ourense


logoDOGRESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación para persoal que presta servizos no edificio xudicial de Ourense. 4

28 ene 2016

EGAP. Cursos de formación 2016

egap2No DOG de hoxe, 28.1.2016, publicase a RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2016 pola que se publica o Plan de formación do persoal das administracións e entes públicos da Comunidade Autónoma, das entidades locais e da Administración de xustiza de Galicia, así como do persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas, para o ano 2016.
VER DOG

16 sept 2015

CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA SUPERIOR SPJ-USO DENUNCIA A SÚA SUPRESIÓN ANTE A VALEDORA DO POBO E A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

spjgalicia2CURSOS LINGUAXE XURIDICA pincha en enlace

Fartos da inxustiza que se está a perpetuar dende o ano 2013 no que a EGAP de xeito unilateral e coa anuencia da Dirección Xeral de Xustiza, decidiu suprimir a convocatoria anual dos cursos de linguaxe xurídica galega,  dende SPJ-USO, ante a falta de resposta e compromiso da administración DENUNCIAMOS esta situación ante a mesa de normalización e ante a Valedora do pobo co fin de que requiran a Xunta de Galicia  a convocatoria dos cursos de linguaxe xurídica galega  superior, tanto para persoal destinado en Galicia como para os que están fóra.

21 ago 2015

LINGUA GALEGA, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4

logo_dogNo DOG do día de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
A ter en conta:
     As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e na páxina  web http://www.xunta.es/linguagalega, que permite cubrir e editar a solicitude.
     Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa.
     O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles (remata o 11 de Setembro).
Para acceder a o DOG premer aquí.

13 ago 2015

Cursos de Linguaxe Administrativa Galega e Cursos gratuitos preparatorios para a consecución dos certificados CELGA 1, 2, 3 e 4

logoDOGNo DOG de hoxe, 13.8.15 publícase a ORDE do 3 de agosto de 2015 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos impartiranse entre setembro de 2015 e maio de 2016, en horario de mañá ou de tarde.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 11 de setembro de 2015, para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 14 de decembro de 2015 ata o 4 de xaneiro de 2016, para os cursos do segundo cuadrimestre.

12 may 2015

Apertura de novo prazo de presentación de solicitudes de cursos para o persoal da Administración de xustiza

egap2          A EGAP publicou no dia de hoxe que abre un novo prazo de matrícula para algunhas das actividades convocadas no DOG do 3 de marzo destinadas ao persoal da Administración de xustiza, co fin de cubrir as vacantes existentes.
Para acceder ao enlace premer aquí.

23 abr 2015

CURSOS DA EGAP

logoegapNo DOG do dia 22 de Abril, publícase a convocatoria de cursos da EGAP para os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación  no Diario Oficial de Galicia (Finaliza o 2 de Maio as 14,00 horas).
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Para ver o DOG preme aquí.
Para acceder a toda a información dos cursos preme aquí.

3 mar 2015

EGAP. Cursos de formación 2015 para o persoal de xustiza

egap2No DOG de hoxe, 3.3.15, publicase a RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2015 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2 dic 2014

Formación por mor do concurso de traslados 2014

logointranetNa Intranet publicouse a seguinte nota informativa en relación coa realización de cursos de formación para o persoal que obtivo novo destino no recente concurso de traslado:
“Como consecuencia da resolución do concurso de traslados 2014 do persoal dos corpos de xestión, tramitación e auxilio, producirase un importante movemento de persoal nos distintos órganos da Administración de xustiza en Galicia, non só por mor de persoas procedentes doutras comunidades autónomas, senón tamén por mor cambios de destino dentro da Administración de xustiza de Galicia.

20 nov 2014

CURSOS DE LINGUAXE XURIDICO GALEGO

spjusoinforma3
Tras las mesas de negociación de los días 12 y 17 de noviembre, seguimos reclamando la  convocatoria urgente de los cursos  de “linguaxe  xurídico galego”, aunque la administración no parece dispuesta a hacerlo y admite que existe un conflicto laboral con el profesorado de la EGAP. 

22 sept 2014

EGAP. “A Xustiza que ven”

logoegap2012No DOG de hoxe, 22.9.2014, publícase aRESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2014 pola que se convoca a xornada “A xustiza que vén”. O prazo de inscripción remata o vindeiro 28 de setembro. A xornada celebrarase na sede da Egap en Santiago.