Mostrando entradas con la etiqueta ACCION SOCIAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACCION SOCIAL. Mostrar todas las entradas

13 abr 2016

ACCIÓN SOCIAL 2016

SPJINFORMA55

No DOG de hoxe publicase RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2016 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
 TERÁN A CONDICIÓN DE BENEFICIARIOS:
a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos no punto 1.
. b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 %. No caso de que o beneficiario teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha. 1.4. No suposto de que dúas persoas teñan a condición de beneficiarios respecto do mesmo causante, só unha delas terá dereito á axuda.
PRAZO.- 15 DÍAS HÁBILES.

11 abr 2016

ACCIÓN SOCIAL 2016

SPJINFORMA55

 Comunicamos que o vindeiro día 13/04/2016publicarase no DOG a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dará publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2016para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

17 nov 2015

Publicada no DOG a aprobación das listaxes definitivas de admitidos e excluidos da Acción Social 2015

No DOG de hoxe, 17.11.2015, publicouse a RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

12 nov 2015

Acción Social 2015. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e excluidos

logodxxbPola DXX remitiusenos a seguine mensaxe: “…O vindeiro 17/11/2015, publicarase a RESOLUCION do 21 de outubro de 2015, da Dirección  xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas do programa correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia…”

21 sept 2015

LISTAXES PROVISIONAIS ACCIÓN SOCIAL


logo_dogRESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e exluídas correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

16 sept 2015

ACCIÓN SOCIAL 2015


logo_dogO próximo luns 21 de setembro  do 2015 sairá no DOG a resolución pola que seanuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de reparto do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2015

1 jun 2015

CONCURSO TRASLADOS E ACCIÓN SOCIAL

spjgalicia2Os reproducimos correo recibido del Servicio de Persoal de Xustiza.
-Comunícasevos que o día 05/06/2015 está prevista a publicación no DOG e no BOE da Resolución do 20 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes e de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.
-Tamén o vindeiro 15/06/2015, publicarase no DOG a Resolución do 22 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se da publicidade a convocatoria e a os criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia,

15 abr 2014

Acción Social 2014. Convocatoria programa de discapacidades

logoDOGNo DOG de hoxe, 15.4.2014, publícase a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014, pola que se dá publicidade dos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2014 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Descargar PDF

13 may 2013

Acción Social 2013. Convocatoria programa de discapacidades

logo_dogNo DOG de hoxe, 13.5.2013, publícase a RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade dos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2013 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Descargar PDF

23 nov 2012

Acción Social 2012. Listaxes definitivas

No DOG de hoxe, 23.11.2012, publícase a RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas do programa correspondente ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2012 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.
En aplicación da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal, a admisión ou a exclusión dos solicitantes do programa III (axuda discapacidades) comunicaráselles persoalmente aos interesados.
Descargar PDF

19 sept 2012

Acción Social 2012, listaxes definitivas programa III

No DOG de hoxe, 19.9.2012, publícase a RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas do programa correspondente ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2012, programa III (axuda discapacidades), para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Aos interesados se lles comunicará persoalmente a súa admisión ou exclusión.
Descargar PDF

4 jul 2012

Acción Social 2012. Convocatoria programa de discapacidades

No DOG de hoxe, 4.7.2012, publícase a RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade dos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2012 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Descargar PDF

24 feb 2012

Corrección de erros. Prestación económica única de 360 euros por fillos menores de tres anos.

No DOG de hoxe, 24.2.2012, publícase corrección de erros, en relación coa prestación económica única de 360 euros por fillos menores de tres anos, manténdose o prazo de presentación de solicitudes.
Ver correción de erros

15 feb 2012

Prestación económica única de 360 euros por fillos menores de tres anos.

No DOG de hoxe, 15.2.2012, publícase a ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012.
Descargar PDF

28 dic 2011

Accion Social 2011, listaxes definitivas

No DOG de hoxe, 28.12.2011, publicase a RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I (Axuda fillos e estudos fillos) e II (Axuda estudos funcionarios) correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2011 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia. As ditas listaxes están expostas nas páxinas web: www.xudicial.xunta.es e http://cpapx.xunta.es/acción-social.
En aplicación da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal, a admisión ou a exclusión dos solicitantes dos programas III (Axuda discapacidades) e IV (Axuda por celiaquía, intolerancia á lactosa e crohn) comunicarase persoalmente aos interesados.

16 dic 2011

Acción Social 2011, listaxes definitivas

Pola DXX, remitiusenos a seguinte mensaxe, en relación coas listaxes defintivas de admitidos e excluídos na acción social do presente ano.

Achegamos as listaxes de admitidos e excluídos definitivos dos programas I e II do fondo de acción social para persoal da administración de Xustiza.
Nos próximos días publicarase o anuncio das listas no DOG e colgaranse na intranet
As listaxes estan a vosa disposición nos locais sindicais o podedes preguntarlles aos nosos delegados sindicais, todo iso en apliación da Ley de Protección de Datos.

1 dic 2011

Accion Social. Tramitación das listaxes definitivas

Pola DXX remitiusenos a seguinte comunicación, en relación coa xuntanza mantida onte pola maña, na mesa de Acción Social:

25 oct 2011

Galicia. Publicadas as listaxes provisionais da acción social

No DOG de hoxe, 25.10.2011, publícase a RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fan públicas as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas dos programas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2011 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

En aplicación da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal, a admisión ou a exclusión dos solicitantes dos programas III (axuda discapacidades) e IV (axuda por celiaquía, intolerancia á lactosa e crohn) comunicarase persoalmente aos interesados.

Os/as solicitantes destes programas poderán formular alegacións no prazo de 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

Admitidos programa I-1      Excluídos programa I
Admitidos programa II   Excluidos programa II
VER RESOLUCION

13 oct 2011

Acción Social 2011. Listaxes provisionais de admitidos

Pola DXX, remitiusenos a seguinte mensaxe, en relación coas listaxes de admitidos na acción social do presente ano.

Á espera da publicación no DOG da Resolución pola que se lle dá publicidade ás listaxes provisionais de admitidos e excluídos do FAS, achégamos as listaxes do programas I e II para o voso coñecemento, así como unha táboa co resumo do total das solicitudes.
As listaxes estan a vosa disposición nos locais sindicais o podedes preguntarlles aos nosos delegados sindicais, todo iso en apliación da Ley de Protección de Datos.