Mostrando entradas con la etiqueta Publicado no DOG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Publicado no DOG. Mostrar todas las entradas

23 sept 2016

ORDE do 22 de setembro de 2016 pola que se crea e se regula a sede xudicial electrónica de Galicia.


logoDOGPreme para ver resolución A Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de xustiza, dedica especificamente o capítulo I do título III a definir e regular a «sede xudicial electrónica» que, de conformidade co seu artigo 9, se define como «aquel enderezo electrónico dispoñible para os cidadáns a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponden a cada unha das administracións competentes en materia de xustiza»

31 ago 2016

EXCLUSIÓN DA BOLSA DE INTERINOS. OURENSE

logoDOG

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente 136/2016).
Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación ao interesado que se indica a continuación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou o 2 de agosto de 2016 acordo de exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente OU-136/2016). A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1ª, 32004 Ourense.

29 ago 2016

CONVOCATORIA PÚBLICA. ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS FISCALIAS

logoDOG

NO DOG DE HOXE PUBLÍCASE ORDE do 12 de agosto de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública de provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo anunciados pola Orde do 3 de febreiro de 2016.

8 jul 2016

Desenvolvemento e dinamización do espazo intranet da Administración de xustiza en Galicia


logoDOGRESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento e dinamización do espazo intranet da Administración de xustiza en Galicia para a difusión do expediente xudicial electrónico, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 5/2016).

8 jun 2016

DEVOLUCIÓN PARTE PROPORCIONAL PAGA EXTRA 2013

logoDOG

No DOG de hoxe publicase RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación do acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO., CSIF e UGT para a extensión do dereito a percibir o concepto retributivo adicional do artigo 12.3 da Lei 14/2006 na parte proporcional á prestación de servizo do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2013.

3 jun 2016

Protocolo para a prevención, a detección, a actuación e a resolución de situacións de acoso laboral.

logoDOG

No DOG de hoxe publicase RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 28 de abril de 2016 polo que se aproba o Protocolo para a prevención, a detección, a actuación e a resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

19 may 2016

AXUDAS PARA LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

logoDOG

   No DOG do 16 de maio publicouse ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

2 may 2016

PREZOS PUBLICOS DAS PERICIAS EFECTUADAS NAS RECLAMACIÓNS EXRAJUDICIALES. VEHICULOS DE MOTOR

logoDOG

No DOG de hoxe publicase DECRETO 47/2016, do 21 de abril, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes ás pericias efectuadas, por solicitude de particulares, polo Instituto de Medicina Legal de Galicia nas reclamacións extraxudiciais por feitos relativos á circulación de vehículos de motor.

4 abr 2016

ABONO PAGA EXTRA 2012 EN ABRIL E SETEMBRO DESTE ANO.

SPJINFORMA55

 No  DOG de hoxe   dáse publicidade ao procedemento para aplicar o disposto na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.
1.- No mes de abril aboarase o 25,14 %, que se corresponde coa parte proporcional correspondente a 46 días da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012.
2.- No mes de setembro aboarase a parte restante da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012 non recuperadas nos pagamentos anteriores.

9 dic 2015

PUBLICACIÓN NO DOGA FESTAS LOCAIS NOS CONCELLOS GALEGOS


logo_dogRESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2016, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

25 nov 2015

PUBLICADO NO DOG RESOLUCIÓN DO CONCURSO ESPECIFICO FISCALIAS DE GALICIA


logo_dogRESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de xullo de 2015.

4 sept 2015

ORDE do 31 de xullo de 2015 pola que se establece a notificación electrónica dos expedientes de asistencia xurídica gratuíta.


logo_dogA Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, regula nos seus artigos 27 e 28 as comunicacións e notificacións electrónicas, cuxa práctica supón unha das expresións máis importantes da Administración electrónica, ao pasar a constituír tanto o medio de comunicación preferente entre as distintas administracións públicas como unha forma de comunicación rápida, áxil e eficaz destas cos administrados e administradas.

4 may 2015

LEY DO EMPREGO PÚBLICO

logo_dogNo día de hoxe, publícase no DOG a Ley do Emprego Público en Galicia.
Para acceder á publicación premer aquí.

29 may 2012

Axudas contra a violencia de xénero

No DOG do día 28.5.2012 publícase a RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan, para o ano 2012, as axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Descargar PDF

29 feb 2012

Curso 2012-13. Procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Conselleria de Traballo

No DOG de hoxe, 29.2.2012, publícase a ORDE do 24 de febreiro de 2012 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes daConselleria de Traballo e Benestar para o curso 2012/2013.
Descargar PDF

24 feb 2012

Corrección de erros. Prestación económica única de 360 euros por fillos menores de tres anos.

No DOG de hoxe, 24.2.2012, publícase corrección de erros, en relación coa prestación económica única de 360 euros por fillos menores de tres anos, manténdose o prazo de presentación de solicitudes.
Ver correción de erros

30 dic 2011

Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012

No DOG de hoxe, 30.12.2011, publícase a LEI 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

Descargar PDF

23 sept 2011

Publicada a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta

No DOG de hoxe publícase a ORDE do 15 de setembro de 2011 pola que se aproba a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Descargar PDF