O anterior sistema de xustificación do cumprimento do horario, a través da fichaxe nas máquinas dos edificios xudiciais ou a través de partes de sinatura, deixará de ter efecto no momento en que se habilite a fichaxe no PC do posto de traballo do sistema Kronos.
As máquinas existentes nos edificios xudiciais quedarán desactivadas e o único sistema válido para efectos de xustificación do cumprimento do horario será a fichaxe no PC do posto de traballo. No caso de non dispoñer de terminal informático propio, a fichaxe poderase realizar en calquera outro PC do centro de traballo.
Na intranet atópase á disposición dos usuarios unha guía de uso e unha relación de preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe.
Calendario de implantación do sistema Kronos de fichaxe no PC do posto de traballo:
- Semana do 10 de decembro: Cangas
- 2 de xaneiro: Betanzos, Ribeira, Lugo, Ourense, Cambados, Ponteareas, O Porriño, Vilagarcía de Arousa.
- 1 de febreiro:1 de marzo: Vigo, Ferrol e xulgados de paz con persoal funcionario.
- Provincia da Coruña: A Coruña, Arzúa, Carballo, Corcubión, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Ortigueira e Padrón.
- Provincia de Lugo: Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba e Viveiro.
- Provincia de Ourense: Bande, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, A Pobra de Trives, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.
- Provincia de Pontevedra: Caldas, A Estrada, Marín, Lalín, Pontevedra, Redondela e Tui.