No
DOG de hoxe, 31.1.2013, publícase a RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de
2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se lle dá
publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2013
no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.
O prazo de inscrición rematará transcorrido un mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG
A inscrición previa realizarase de
forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está
dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia (Vicepresidencia e
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza-Servizo
de Prevención de Riscos Laborais): webriscos.xunta.es