5 sept 2016

Novos avisos de substitucións entre titulares

98e3c-logo_intranet_xustiza-compressor Na Intranet publicouse hoxe  novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura ensubstitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación dassubstitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.
A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documentoAvisos de desocupación.