11 mar 2016

A Xunta e o TSXG analizan as necesidades de novos xulgados en Galicia á espera de que o Ministerio cree novas unidades

SPJUSOINFORMAE XUSTIZA O Ministerio de Xustiza ten anunciado a súa vontade de crear novos órganos xurisdicionais en 2016, tras anos sen que se puxesen en marcha novos xulgados. Segundo os datos aportados polo Ministerio, a Galicia poderíanlle corresponder dous ou tres novos órganos, aínda que a Xunta xa manifestou a posibilidade de poder asumir algún xulgado máis, se algunha Comunidade renuncia aos seus por cuestións económicas, como xa se ten feito no pasado.
tamén se abordaron outros asuntos, como os relativos a novas tecnoloxías e a implantación do expediente xudicial, cuestións de persoal e reforzos e a implantación do Plan de Infraestruturas Xudiciais, que a finais deste ano xa terá todas as súas actuacións en marcha, despois de que se decidise facer a Cidade da Xustiza de Vigo no antigo Hospital Xeral, mentres que a Fábrica de Tabacos de Coruña está en obras e está a piques de adxudicarse os traballos en Pontevedra.
Nese sentido, tamén se abordou a posibilidade de que a partires do ano que vén se leve a cabo un novo plan de infraestruturas fóra das grandes cidades e, de feito, se mencionou concretamente o caso de Tui, onde tanto Xunta como TSXG coincidiron na necesidade dun novo emprazamento para os xulgados