21 dic 2015

NOTA INFORMATIVA ACLARATORIA NÓMINA DECEMBRO


spjgalicia23
Recibida a nómina correspondente ó mes de decembro, comprobamos que, logo de que este sindicato presentase escritos nos meses de xuño e outubro, denunciando que se nos imputaban cantidades que realmente non se percibían, a Xunta de Galicia, por fín, tivo a ben facernos caso e elaborar as nóminas excluindo as cantidades que nos reteñen do CAT do cómputo do IRPF.
Na nómina, podedes comprobar que si ben nas retribucións brutas faise constar o CAT íntegroo cómputo do IRPF aplicouse unha vez restadas as cantidades que nos descontan do CAT, polo que, finalmente, só cotizamos IRPF polas cantidades efectivamente percibidas.
Dende SPJ-USO aproveitamos para desexarlle a todo o persoal da Administración de xustiza en Galicia unhas felices festas.