10 nov 2015

Tomas de posesión e cesamentos do concurso de traslados


logointranetSegundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino. Por cuestións organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00 de luns a venres. Á marxe das datas de cesamento fixadas na Resolución (corpo de tramitación o día 11/11/2015, auxilio e xestión o día 16/11/2015), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza de outro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa Resolución de adxudicación.
Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar os expedientes persoais das persoas que tomen posesión dun novo posto*.
Persoal procedente de fóra da comunidade:
  • Fotocopia DNI
  • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores a 01/01/2011) e/o tarxeta de MUGEJU
  • Certificado de haberes
  • Certificado ou copia dos trienios
  • Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan   PREME NOS ENLACES 
  • Modelo 145 (IRPF)     
Persoal destinado na comunidade:
Para o caso dos cesamentos do persoal que obteña novo destino fóra da CCAA de Galicia, no momento de formalización do cesamento deberán facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario, asinando o impreso acreditativo de tal circunstancia. No caso de non ter que formalizar cesamento algún por reingresar fóra da comunidade nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a tarxeta será entregada presencialmente ou por correo postal, ao correspondente servizo de xustiza.
Ligazóns e descargas
*No caso de non estar en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse á maior brevidade posible ao correspondente servizo de xustiza.