Co fin de que este persoal reciba a formación máis axeitada para o posto de traballo no que se vai incorporar, e logo de analizar a información relativa aos postos de orixe e destino, está prevista unha formación que se desenvolverá en dúas fases:
1. Formación en temas xenéricos, organizativos e administrativos. As actividades formativas xenéricas, aínda que adaptadas ao perfil do usuario, serán as mesmas para todos os usuarios.
2. Formación específica nas aplicacións informáticas da Administración de xustiza de Galicia. As actividades formativas específicas adaptaranse ao perfil do usuario e ao seu destino.
Esta formación estará guiada en todo momento por un titor, que se asignará a cada un dos alumnos segundo se incorporen aos seus novos postos, e nela participarán os distintos formadores especializados levando a cabo as actividades formativas (titorías, reforzos formativos remotos, etc.).