POLO VOSO APOIO E RECOÑECEMENTO O TRABALLO DESTES CATRO ANOS.
SPJ-USO CONVÉRTESE NA PRIMEIRA FORZA SINDICAL DE GALIZA CO 25 % DOS VOTOS TOTAIS
O noso compromiso é administrar este resultado con responsabilidade e rigor, traballando dende xa!! para a recuperación dos dereitos roubados, mellora das condicións laborais e defensa de cada un de vós, e farémolo con mais forza se cabe, unha vez avalada a nosa proposta sindical por unha maioría tan ampla de compañeiros.
RESPONSABILIDADE, COMPROMISO, TRABALLO E COMO DIXEMOS NA CAMPAÑA ¡SPJ-USO: FEITOS, NON PALABRAS!. GRAZAS A TODOS.

Especialmente queremos destacar os datos seguintes:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA: SPJ-USO consigue subir 2 delegados e pasar de 3 a 5.
Na mesa de Pontevedra conseguimos o 40 % dos votos emitidos, sendo o sindicato mais votado.
Na mesa de Silleda (Lalín, A Estrada, etc) acadamos o 60 % dos votos emitidos, e por suposto os mais votados.
Na mesa de Vigo melloramos os nosos resultados con respecto ó ano 2011.
PROVINCIA DE A CORUÑA: SPJ-USO consigue subir de 4 delegados que tiña a 7 na actualidade.
Na mesa de Santiago SPJ-USO obtivo o 50 % dos votos, exactamente os mesmos que a suma do resto dos sindicatos xuntos, superando en 66 votos o segundo sindicato mais votado.
Na mesa de Ferrol, con máis do 50% dos votos, case cuadriplicamos os resultados das anteriores eleccións, acadando máis votos que todo o resto de sindicatos xuntos e tendo máis do triplo de votos que o segundo sindicato máis votado.
Nas mesas de A Coruña, practicamente duplicamos os resultados do 2011. Na mesa de Betanzos, cuadriplicamos os apoios das pasadas eleccións.
PROVINCIA DE LUGO: Mantemos a nosa presenza na xunta de persoal, nos mesmos termos que no 2011, cun delegado.
PROVINCIA DE OURENSE: SPJ-USO segue sendo a forza maioritaria na provincia de Ourense con 4 delegados e un 35 % dos votos emitidos.
Con estes resultados as nosas propostas terán máis peso, pois foron respaldadas pola cuarta parte do electorado e polo tanto a Administración deberá ter en conta que o seu rexeitamento terá resposta non só dunha forza sindical senón de todo un colectivo farto de ataques os nosos dereitos laborais.
Queremos agradecer especialmente ós compañeiros que nos apoiastes participando activamente e formando parte das nosas candidaturas.
Esperamos estar á altura das expectativas creadas, traballando, como sempre fixemos, con firmeza, coherencia, responsabilidade e sen demagoxia, para todos vós sen exclusión algunha.
GRAZAS A TODOS POLO VOSO APOIO