No
DOG de hoxe, 11.9.2014, publícase a RESOLUCIÓN do 2 de setembro de
2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe
provisional de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión
procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e
auxilio xudicial convocada pola Resolución do 15 de xaneiro de 2014.
En cumprimento
do disposto no artigo 12 da Orde do 28 de novembro de 2013 sobre
selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios
dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia,
así como no punto décimo primeiro da Resolución do 15 de xaneiro de 2014
pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos
xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, e unha vez
vistas as solicitudes recibidas e baremados os méritos acreditados polos
aspirantes,
RESOLVO:
1.
Aprobar as listaxes provisionais de aspirantes admitidos e excluídos das
bolsas de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación
procesual e administrativa e auxilio xudicial, así como a súa baremación
provisional, e acordar a súa publicación nos taboleiros oficiais da
Dirección Xeral de Xustiza, das audiencias provinciais, dos xulgados
decanos das capitais de provincia e das cidades de Vigo, Ferrol e
Santiago de Compostela, así como no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet de Xustiza.
2. Os
interesados terán dez días hábiles desde a publicación no Diario Oficial
de Galicia do presente anuncio de exposición das listas provisorias
para reclamar sobre calquera dos datos contidos na lista ante o órgano
que realizou a convocatoria.