Na Intranet publícouse a seguinte nota informativa en relación co control horario:
“Informamos de que a partir do
presente mes de outubro, o balance horario correspondente ao mes
anterior estará dispoñible na OPAX a partir de cada día 10. Este cambio
faise preciso para poder dar trámite ás incidencias e permisos con
repercusión sobre o control horario referidas aos últimos días de cada
mes.Ao mesmo tempo solicitamos que cando menos, unha vez rematado o mes, e antes do día 5 do mes seguinte,se revisen as marcaxes realizadas para así incorporar as incidencias xeneradas con anterioridade á visualización do balance, conseguindo, deste xeito, unha información certa sobre a bolsa de horas acumuladas, e evitando, á súa vez, requerimentos de xustificación por aparentes incumprimentos do horario.”