Os
cinco Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Galicia,
CC.OO-USO-UGT-CSI-CIG, levamos convocando mobilizacións contra os
recortes, primeiro de Zapatero, logo de Rajoy e nos últimos tempos
contra o goberno da Champions League de Nuñez Feijoo, xunto o Staj.
Os cinco Sindicatos temos decidido comezar unha campaña de asembleas
por toda Galicia para explicar a repercusión que terán todas as medidas
de recortes, proxectos de lei, anteproxectos sobre el servizo público da
xustiza, os dereitos laborais dos traballadores (funcionarios e persoal
laboral) e sobre os cidadáns.
Esta campaña comezará o 25 de setembro e finalizará o 18 de outubro,
para facela coincidir coa que se decidiu no ámbito Estatal, entre os
Sindicatos que teñen representación na Mesa de Negociación do Ministerio
de Xustiza (CSI-CC.OO-STAJ-UGT), en todas as CC.AA, con independencia
de ser transferidas o non.
CC.OO-USO-UGT-CSI-CIG invitamos, como no podía ser menos, a
participar nesta campaña de asembleas o STAJ, que aínda que non ten
representación na Mesa Sectorial de Galicia ó non alcanzar o número de
Delegados suficiente, si que é participe da PLATAFORMA ESTATAL que
decidiu a convocatoria de asembleas en todo o Estado.
IMPRIMIR COMUNICADO