Este novo manual da OPAX tamén explica como facer a xestión das incidencias que se rexistren no control horario, como facer as marcacións cando non se posúa a tarxeta ou a xestión de diferentes solicitudes persoais (flexibilización, redución ou compensación da xornada).
O documento tamén lle explica ao persoal funcionario como consultar:
- Información do mes actual (marcacións realizadas na semana e no mes, control horario fixo no mes, xustificacións no mesmo mes)
- Marcacións feitas nos últimos dous meses
- Datos históricos dos últimos 12 meses.