
Co fin de que este persoal reciba a formación máis axeitada para o posto de traballo no que se vai incorporar, e logo de analizar a información relativa aos postos de orixe e destino, está prevista unha formación diferenciada segundo:
1. O destino obtido no concurso de traslados: cada persoa recibirá, como mínimo, a formación nos aspectos específicos asociados ao seu novo posto de traballo.
2. A orixe dos funcionarios que se trasladan: a formación que se dispense ás persoas procedentes doutras comunidades autónomas conterá, ademais dos aspectos específicos do seu posto, os organizativos e relativos ás aplicacións de apoio existentes na Administración de xustiza en Galicia.
A todos os funcionarios que se trasladen, segundo se incorporen aos seus postos, se lles asignará un titor que os asesorará e guiará na consulta dos materiais formativos dispoñibles na intranet de Xustiza e, ademais, resolverá as súas dúbidas nas sesións de titorías que se levarán a cabo semanalmente.
Programaranse sesións formativas a través de videoconferencia para os usuarios con maiores necesidades formativas para o desempeño do novo posto. O calendario destas actividades e os aspectos relacionados coa inscrición das mesmas serán comunicados previamente a través da intranet de Xustiza.