
Tanto os usuarios que se incorporan procedentes doutros destinos coma os que se trasladan dentro da propia Comunidade Autónoma de Galicia terán acceso dende o primeiro momento ao seu PC e á intranet. En todos os casos, o/a responsable funcional deberá tramitar o formulario antes mencionado para autorizar o acceso ás distintas aplicacións que considere oportuno.