
Como ben sabedes dende SPJ-USO dende o primeiro intre en que se nos deu 
traslado do borrador da Orde do Calendario Laboral para o ano 2016 para o
 persoal ao servizo da administración de xustiza de Galicia, esiximos 
publicamente o seu recoñecemento e cumprimento inmediato para este ano 
2016.
 A DXX nunha interpretación retorcida e 
desgraciadamente secundada por algúns, que andan mais preocupados por 
difamar semana tras semana os seus propios compañeiros,  que por loitar 
polos nosos dereitos e buscar solucións conxuntas a problemas comúns,  
pretendeu deixar sen efecto tal dereito, por iso, PEDÍMOSVOS que as 
nosas reclamacións as secundedes presentando as solicitudes que vos 
achegamos. 
O Fax da DXX para a remisión da solicitude e 981546222.
Entre todos O CONSEGUIREMOS
PREME PARA SOLICITUDE DE REALIZACIÓN DE XORNADA INTENSIVA DE VERAN