31 ago 2011

EGAP. Listaxes de admitidos ao curso medio de linguaxe xurídica galega

Na páxina web da EGAP publícanse as listaxes de persoas admitidas aos cursos medios de linguaxe xurídica galega, na modalidade de Teleformación – edicións T01, T02 e T03

DATAS: 05/09/2011 a 11/11/2011
Listaxe de persoas admitidas ao curso: FX11037 Medio de linguaxe xurídica galega. Edición T01.
Listaxe de persoas admitidas ao curso: FX11037 Medio de linguaxe xurídica galega. Edición T02.
Listaxe de persoas admitidas ao curso: FX11037 Medio de linguaxe xurídica galega. Edición T03.

OBSERVACIÓNS: As instrucións para o seguimento e superación do curso recibiranse por correo electrónico odía do comezo do curso.
NOTAS:
-Se o aspirante seleccionado, decide non participar no curso, deberá comunicar a súa renuncia, vía fax: 981546339 ou correo electrónico: xestion.egap@xunta.es, cunha antelación de 3 días hábiles anteriores ao inicio do curso co fin de cubrir a vacante, de non facelo así, e salvo motivo xustificado documentalmente, non será admitido en ningunha outra actividade durante un ano.
- Os candidatos seleccionados deberán remitir o dia do comezo do curso, a través do enderezo electrónico que se sinale na aula virtual, a certificación que acredite que teñen superado ou validado o curso básico de linguaxe administrativa galega, de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de lingua galega 4 (Celga 4)