29 oct 2015

DEVOLUCIÓN EXTRA 2012


No recibo de haberes correspondente ao mes de outubro, a Xunta de Galicia está abonando a todo o persoal de xustiza, o 26,23 % que faltaba ata completar a recuperación da metade da paga extraordinaria e adicional roubadas no mes de decembro de 2012.
E importante explicar que a todos aqueles compañeiros e compañeiras que xa cobraron as cantidades recoñecidas por sentencia ou auto de extensión de efectos, estáselles a pagar a diferencia entre os días de paga adicional recoñecidos no procedemento xudicial e os que a Xunta está agora a abonar de oficio para acadar a recuperación do 50% da extra.
Con isto quedan retratados algúns “compañeiros” que se permitiron ir decindo polos centros de traballo que foi contraproducente presentar extensión de efectos porque ibamos cobrar menos que si non a presentaramos e que tíñamos que facer declaración complementaria de IRPF.