30 oct 2015

CONCURSO DE TRASLADOS, TOMAS DE POSESIÓN E CESAMENTOS

 

aefd5-concursotraslado2013    No día de hoxe, publicouse na Intranet que o vindeiro venres 6 de novembro publicarase no BOE e no DOG a Resolución do 19 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 20 de maio de 2015.

Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino. Por cuestións organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 h e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00 h, de luns a venres. Á marxe das datas de cesamento fixadas na resolución (corpo de tramitación o día 11/11/2015, auxilio e xestión o día 16/11/2015), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza doutro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas as formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión, sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución de adxudicación.
Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar os expedientes persoais das persoas que tomen posesión dun novo posto*.
Persoal procedente de fóra da comunidade:
  • Fotocopia do DNI
  • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores a 01/01/2011) e/o tarxeta da MUXEXU
  • Certificado de haberes
  • Certificado ou copia dos trienios
  • Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan
  • Modelo 145 (IRPF)
Persoal destinado na comunidade:
 Para o caso dos cesamentos do persoal que obteña novo destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento deberán facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horarioe asinar impreso acreditativo de tal circunstancia. No caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da comunidade nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a tarxeta será entregada presencialmente ou por correo postal ao correspondente servizo de xustiza.
Para ter acceso á información sobre as adxudicacións definitivas, prema a seguinte ligazón coa páxina do Ministerio.
*No caso de non estar en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse canto máis axiña sexa posible ao correspondente servizo de xustiza.