No DOG do día de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2015 pola que se convoca concurso específico para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia.
A ter en conta:
1. As persoas que concursen deberán presentar unha única solicitude, utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV desta resolución.
2. Poderán solicitar máis dun posto de traballo, sempre que reúnan os requisitos exixidos para o seu desempeño. Neste caso, na solicitude deberán indicar, por orde de preferencia, a denominación dos postos a que optan.
3. O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. (O prazo remata o 7 de Agosto).
Para acceder o DOG, premer aquí.