Pola
DXX remitíusenos a seguinte información en relación co persoal doutras
comunidades que, no concurso de traslado, obtiveron destino na nosa
Comunidade.
“Como consecuencia da
resolución do concurso de traslados 2012 do persoal dos corpos de
xestión, tramitación e auxilio, producírase un importante movemento de
persoal nos distintos órganos da Administración de xustiza en Galicia.
Un número significativo do persoal que se traslada procede doutras
comunidades autónomas.
Coa fin de que este persoal reciba a
formación máis axeitada para o posto de traballo onde se vai
incorporar, analizouse a información dispoñible no relativo aos postos
de orixe e destino. Deste xeito, está previsto unha formación que se
desenvolverá en dúas fases:
1. formación en temas xenéricos, organizativos e administrativos.
2. formación específica nas aplicacións informáticas da Administración de Xustiza de Galicia.
As actividades formativas xenéricas,
aínda que adaptadas ao perfil do usuario, serán as mesmas para todos os
usuarios e realizaranse, en todos os casos, de xeito remoto.
As actividades formativas específicas adaptaranse ao perfil do usuario e ao seu destino, e incluirán actividades formativas remotas e presenciais.
Esta formación estará guiada en todo momento por un titor,
que se asignará a cada un dos alumnos que se incorporen á
Administración de Xustiza en Galicia, e nela participarán os distintos
formadores especializados, levando a cabo as actividades formativas
(titorías, reforzos formativos remotos, etc.).”