23 abr 2015

CURSOS DA EGAP

logoegapNo DOG do dia 22 de Abril, publícase a convocatoria de cursos da EGAP para os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación  no Diario Oficial de Galicia (Finaliza o 2 de Maio as 14,00 horas).
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Para ver o DOG preme aquí.
Para acceder a toda a información dos cursos preme aquí.