20 abr 2015

MESA SECTORIAL 16 ABRIL: A DXX NON SE SABE SE SUBE OU SE BAIXA; NAVEGA Á DERIVA…

spjgalicia2     TEMA PRINCIPAL DA ORDE DO DÍA: MODIFICACIÓN DA RPT DOS IMELGASComo todos sabemos, no DOG de 13 de marzo de 2015 publicouse a RPT dos Imelgas de Galicia. Pois ben, agora esa RPT modifícase no sentido de consolidar 9 prazas de médicos forenses en Galicia, coa seguinte distribución:
  • + 1 en Santiago de Compostela
  • + 2 en A Coruña
  • + 2 en Ferrol
  • + 4 en Vigo
     Igualmente a DXX maniféstanos a súa intención de consolidar proximamente dous reforzos: una praza de Auxilio Xudicial no Imelga de Ferrol, outra de Tramitación no de Vigo. Tamén se valora a posibilidade de crear unha praza máis de forense en Vigo, pero non concretaron prazo.
     A DXX dinos que esta distribución de prazas se fixo en base ás estatísticas dos distintos IMELGAS, por iso  se eliminará un médico forense dos interinos que actualmente están traballando en Pontevedra e Santiago, para crear esas prazas nos Imelgas de Ferrol e Vigo, que se consideraban infradotados. A publicación da nova RPT, esta prevista no prazo dun mes aproximadamente.
     SPJ-USO, en relación ás prazas de Tramitación e Auxilio dos Imelgas, solicitou explicación de cómo se baremarán os méritos que aparecen nas RPT (méritos 05,06 e 07; ou sexa, informática, atención ao público e Xestión administrativa e arquivos) no próximo concurso de traslados, contestando a DXX que nas resultas aparecerán esas prazas pero sen ningún mérito xa que non saben cómo facelo.
     Desde este sindicato esiximos que se supriman eses méritos da próxima RPT que se publique dado que ó ser prazas xenéricas, a súa inclusión tería difícil cabida noso regulamento. A DXX se mostra receptiva a proposta, manifestando que o estudarán.
     CONCURSO DE TRASLADOS: Sairá publicado a finais do mes de maio. A pesares do empeño que puxemos en coñecer as novas prazas que sairán ademais das inicialmente previstas, o Director Xeral só confirma que nos darán traslado para alegacións da relación de prazas a ofertar, na que se incluirán as xubilacións que se foron producindo. Iso si,ante os distintos rumores existentes en relación coas 22 prazas consolidadas nas fiscalías de Galiciadeixan claro que esas 22 prazas sairán TODAS no concurso de traslados.
      PAGA EXTRA 2012IMPRESENTABLE POSTURA DO SR. FEIJOO: SPJ-USO, ante o inminente cobro da totalidade da paga extra do 2012 na provincia de Ourense e na localidade de Ferrol pola vía da extensión de efectos das sentencias gañadas por este sindicato, e tendo en conta o indefendible malgasto dos cartos públicos en xuros e costas destes pagos, solicitamos a devolución da dita paga a TÓDOS OS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA. A resposta do Director Xeral, por incrible que pareza foi a seguinte:
           “A xudicialización da paga extra é unha decisión do goberno galego, e iranse pagando os autos que se diten cos xuros e costas correspondentes”, non tendo intención ningunha de xeneralizar o pago.
     Tamén manifesta o Director Xeral, que a pesares tanto dos autos de execución ditados polos Xuíces de A Coruña e Ferrol nos procedementos instados polo noso Sindicato, como da sentencia ditada en Ourense, queaclaran que as cantidades cobradas na nómina de febreiro de 2013 non se corresponden en modo algún cunha devolución parcial paga extra do 2012, nas liquidacións que están a practicar dos autos de extensión, van manter a postura de descontar esas cantidades.Isto obríganos a presentar centenares de incidentes de execución en reclamación das mesmas, para todos os compañeiros que confiaron en nos para tramitar a extensión de efectos, e por suposto, sen custo algún para eles.
      A Xunta de Galicia malgasta os NOSOS cartos en xuros, costas, pasándose polo forro do triunfo as resolucións xudiciais e empecinándose e discutir o sexo dos anxos. Sen comentarios …
 PAGO “VOLUNTARIO” PREVISTO PARA ABRIL DO 12,02 % DA EXTRAA pregunta deste sindicato, o Director Xeral dinos que “sabe o mesmo ca nós, o que sae na prensa” (manda carallo). Isto é, que a Lei de emprego público de Galicia está no Parlamento Galego, que se prevé a súa aprobación ó longo deste mes, e que esas cantidades non se percibirán en ningún caso na nómina deste mes de abril.
     Outra promesa incumprida do Sr. Feijoo, o cal lle debería caer a cara de vergoña (se é que a ten).
    REXISTRO CIVILTras a Mesa de CCAA celebrada a semana pasada en Madrid, á que asistiron o Director Xeral e o Sr. Rueda, preguntamos pola postura da Xunta ó respecto, manifestándose o seguinte:
  • Escúdanse en que conforme o artigo 149 da CE é unha competencia estatal, e por iso a Xunta mantén unha posición “neutra” (non saben se soben ou baixan), e que só se preocupará polos “locais e polos funcionarios” que son a súa competencia.
  • Confírmanos o Director Xeral que ademais dos Rexistradores Mercantís, o Rexistro Civil tamén pasará ós Rexistradores da Propiedade, polo cal segundo el, acabaríase co problema do afastamento do Rexistro dos cidadáns, xa que todos os municipios de Galicia que son cabeceira de partido xudicial teñen Rexistro da Propiedade (excepto Marín, caso no que dí que non sería problemático dada a proximidade a Pontevedra).
  • Tamén nos confirma que os Xulgados de Paz seguirán funcionando como “oficinas colaboradoras do Rexistro Civil”, e que os Xulgados seguirán facéndose cargo dos libros do Rexistro ata a completa dixitalización, polo que seguirán ata ese momento os funcionarios de Xustiza actuais. Preguntámonos, ¿SIGNIFICA ESTO QUE VAMOS A TRABALLAR PARA OS AUTÓNOMOS REXISTRADORES DA PROPIEDADE?.
  • ESTE TEMA DO REXISTRO CIVIL CHEIRA A PODREDUME. COMPRE SEGUIR NA LOITA ATA O ÚLTIMO SUSPIRO DE VIDA. ESIXAMOS UN REXISTRO CIVIL PÚBLICO, GRATUITO E SERVIDO POLOS VERDADEIROS PROFESIONAIS DO REXISTRO, OS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA.
      CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICO GALEGOEsiximos a inmediata convocatoria dos citados cursos dada a súa importancia, independentemente dos problemas xudiciais da EGAP co seu profesorado. Como case sempre, obtivemos a calada por resposta. ¿Soben ou baixan?….
     SPJ-USO non vai admitir que se perpetúe está situación que afecta gravemente ós dereitos dos nosos compañeiros destinados fora de Galicia e seguiremos presionando á DXX ata que se convoquen.
   ACTUALIZACIÓN BOLSAS DE INTERINOS: SPJ-USO demandou novamente a actualización das bolsas de interinos (debido as modificacións e expulsións dalgúns compañeiros das bolsas). A DXX dinos que o farán nesta semana. Esperamos que así sexa está vez, xa que hai un mes dixéronnos que o farían en “15 días”. Estamos a espera de saber de novo se suben ou baixan. Seguiremos esixindo a actualización.
     PAGO DAS SUSTITUCIÓNS / ATRIBUCIÓNS: Esiximos novamente a convocatoria urxente dunha mesa de traballo para negociar unha nova orde que regule tanto as substitucións na que se recolla o cobro íntegro das retribucións do corpo superior, como ocorre no resto do territorio nacional.
      Esa nova orde, respecto das atribucións de funcións no corpo de Auxilio, debe modificar o sistema de quendas, dada a problemática e pouca eficiencia da regulación actual. Pretendemos unha nova regulación na que se garanta en primeiro lugar a voluntariedade, e sobre todo, a retribución, co sistema de atribución feita/atribución cobrada, percibíndose unha cantidade a tanto alzado acorde ó traballo que representa asumir o traballo en dous xulgados simultaneamente.
      Por enésima vez, solicitamos o nomeamento dun funcionario de Auxilio para os Servizos de apoio de Santiago e Ferrol, onde ningún compañeiro está nas quendas e vense obrigados a facer as substitucións sen cobrar un peso.
      LALÍN Nº 1: Unha vez máis, este sindicato puxo novamente sobre a mesa a situación deste Xulgado (máis que coñecida por todos). Parece que miran para outro lado e non queren ver o problema de fondo,  que todos vemos. Con carácter inmediato pedimos un reforzo do corpo de tramitación para ese Xulgado ademais das medidas que dende hai tempo vimos pedindo.
     MARÍN Nº 2: Confírmasenos que o expediente de expulsión aberto neste Xulgado (que xa caducou nunha ocasión) non está rematado, polo que esa praza non pode saír neste concurso de traslados. Solicitamos se inste o Ministerio a finalización do expediente e posterior cobertura da praza polas canles legais.
     NOVA OFICINA FISCAL:  O BOE do 17-4-2015 confirma todas e cada unha das información que vos fomos dando desde este sindicato, e publica a RPT da NOF e a consolidación das 22 prazas de reforzo nas fiscalías galegas.
     Para ver a circular preme aquí.