23 oct 2012

Control horario. Posta en funcionamento do novo sistema

Pola DXX remitiusenos a seguinte comunicación en relación coa posta en funcionamento do no novo sistema de control horario: “
A partir do próximo 1 de novembro porase en funcionamento o novo sistema de control horario de fichaxe na terminal informática (PC) do posto de traballo, a través da tarxeta corporativa de identificación persoal.

Os primeiros órganos onde se habilitará o dito sistema serán os xulgados do social e o xulgado de primeira instancia nº3 (con funcións de rexistro civil), ambos da cidade de Santiago de Compostela. Unha vez comprobada nestas unidades a correcta xestión das marcaxes e o posterior procesamento dos datos, o sistema iráse estendendo de forma gradual ao resto de órganos da Administración de xustiza (xulgados, fiscalías e subdireccións do IMELGA), existindo a previsión de que a final de ano o proceso estea rematado.
Os funcionarios dos órganos onde quede habilitado o novo sistema de fichaxe deberán utilizar éste para realizar as súas marcaxes diarias xa que, automaticamente, quedará deshabilitada a posibilidade de fichar polo sistema antigo (máquinas existentes nos edificios xudiciais). As tarxetas de fichaxe antigas  deberán remitirse aos servizos de persoal da xefatura territorial correspondente.
As xustificacións das posibles faltas de fichaxe por ausencias totais ou parciais do posto de traballo (fallo do sistema informático, esquecemento da tarxeta, enfermidade ata o cuarto día, asistencia a consultas médicas…) deberán facerse cubrindo os modelos existentes na Oficina de Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), seguindo a continuación o procedemento habitual de visado polo superior funcional e remisión aos servizos de persoal da xefatura territorial correspondente.
Na intranet de Xustiza estará dispoñible información para resolver as posibles dúbidas que xurdan en relación co sistema de fichaxe no PC. As consultas tamén poderán dirixirse ao Cau de xustiza, teléfono: 981 54 62 23 .