15 ago 2012

Festas laborais en Galicia para o ano 2013

No DOG do día 10.8.2012, publícase o DECRETO 169/2012, do 1 de agosto, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2013. Descargar PDF
Artigo 1. Festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013
Ademais das festas de ámbito estatal que se sinalen, para o ano 2013 decláranse festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter retribuído e non recuperable, as seguintes:
17 de maio: Día das Letras Galegas.
24 de xuño: San Xoán.
25 de xullo: Día Nacional de Galicia.

Artigo 2. Festas locais
Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e artigo 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, que serán determinadas polo/a xefe/a territorial da Consellería de Traballo e Benestar en cada unha das xefaturas territoriais da comunidade autónoma, por proposta do órgano municipal competente dos respectivos concellos, e publicaranse nos boletíns oficiais de cada provincia e no Diario Oficial de Galicia.
Descargar PDF