Pola
DXX remitíusenos a seguinte mensaxe, en relación coa nova convocatoria
de titores, pertencentes ao corpo de xestión e en activo, para o curso
de formación practica, dos opositores aprobados polo turno de promoción
interna ao corpo de Xestión Procesual.
Rematado o prazo de
presentación de instancias establecido pola Convocatoria da Dirección
Xeral de Xustiza do 14 de xullo de 2010 para ser titores dos aspirantes
que deben realizar a fase de prácticas tuteladas no marco da Orde
JUS/1654/2010, pola que se publica o proceso selectivo para o ingreso
polo sistema de promoción interna (en adiante P.I.), ao Corpo de xestión
procesual e administrativa, e non constando presentadas para ser
titores solicitudes de funcionarios de carreira en activo titulares do
Corpo de xestión procesual e administrativa con destino en xulgados de
Santiago de Compostela, a Dirección Xeral de Xustiza procede a publicar
no día de hoxe a convocatoria adxunta ampliatoria do prazo para
solicitar ser titor na dita localidade.
O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 12 de setembro.
As solicitudes deberán adiantarse por fax ao número 46 222
VER CONVOCATORIA E INSTANCIA