Pola EGAP remitíusenos a seguinte mensaxe en relación coa convocatoria dun novo curso medio de linguaxe xurídica galega, tres edicións, para o persoal destinado fóra da Comunidade.
“Bos días,A inscrición haberá que realizala na seguinte dirección https://egap.xunta.es/matrícula
Xunto remito Resolución de convocatoria de tres cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal destinado fóra da Comunidade, de data 5 de setembro de 2011.
Os destinatarios son Maxistrados, Xuíces, Fiscais, Secretarios Xudiciais, Médicos Forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial que na data deste anuncio estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de matrícula será do día 6 de setembro ata o 19 de setembro de 2011.
Un cordial saúdo
Servizo de Xestión das Actividades de Formación da EGAP”
Para visualizar a convocatoria pulsar sobre o seguinte enlace cursoslenguajejurídicogallegoseptiembre