5 nov 2010

Rinlo dende o aire



San Pedro de Rinlo é unha das doce parroquias que constitúen o conxunto municipal de Ribadeo, na vertente nororiental da provincia de Lugo, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia e da bisbarra da Mariña Oriental. O territorio de Ribadeo esténdese sobre unha superficie duns 107 quilómetros cadrados e conta cunha poboación de preto dos 8.700 habitantes. Mentres, en Rinlo, habitan preto de 290 persoas, con tendencia a reducirse. Os efectos do aumento do turismo rural na zona son evidentes, de maior xeito en poboacións que sofren un descenso demográfico tan acusado como Rinlo, pero que aínda teñen un ámbito natural e patrimonio de gran valor. As construcións medievais e o ámbito natural e paisaxístico conforman o principal atractivo da zona, ademais da gastronomía e o carácter das súas xentes.
Agradacementos: XOANARCODAVELLA