Pola DXX remitiusenos o seguinte comunicado, en relación coas distintas comisións de servizo no Imelga.
"No
día de mañá abrirase un novo prazo polo que se amplía o de recepción
de instancias para distintas comisións de servizo no IMELGA. O novo
periodo de presentación é do 04/10/2011 ao 07/10/2011, debendo dirixir
as peticións á Dirección Xeral de Xustiza.
A
publicación farase na intranet xudicial, nos apartados “Actualidade“
dentro da pestana de “Médicos Forenses” e en “Comisións de Servizo”
dentro de “RRHH”. Para unha mellor difusión, o anuncio tamén se
publicará na páxina web da Dirección Xeral, no apartado adicado a
concursos de traslados e provisión temporal."