Segundo dixo, hai vinte xulgados do penal en Galicia -seis na Coruña, dous en Ferrol, dous en Santiago, dous en Lugo, dous en Ourense, tres en Pontevedra e tres en Vigo-, e a media de asuntos ingresados por órgano nos últimos anos non alcanzou o módulo de entrada -a carga máxima de traballo que razoablemente debe soportar un xuíz na súa xornada ordinaria de traballo- establecido polo CXPX para esta clase de unidades, que é de 450 asuntos. Santos tamén indicou que a taxa de pendencia -cociente entre os asuntos pendentes ao final dun período e os resoltos nese período- nos xulgados do penal de Galicia diminuíu desde o ano 2004, dun 0,93 en 2004 a 0,6 en 2007. Da mesma maneira, e segundo os informes do CXPX, diminuíu a súa taxa de conxestión.
Santos lembrou que a Lei orgánica do Poder Xudicial (LOPX) establece que “en cada provincia, e con sede na súa capital, haberá un o varios xulgados do Penal”, e que de conformidade coa Lei de axuizamento criminal correspóndelles a estes, con carácter xeral e entre outras funcións, o coñecemento e fallo das causas por delito castigadas con pena inferior a cinco anos, así como a resolución dos recursos establecidos na lei e a execución das sentencias que ditaran e as provintes dos xulgados de instrución e de violencia sobre a muller.
“Debemos de ter en conta que os xulgados do penal teñen atribuídas por lei máis funcións que a soa execución de sentencias”, sinalou, engadindo que a tarefa de execución de sentenzas penais tamén a teñen encomendada as audiencias -no seu ámbito de competencias- e os xulgados de instrución, no caso da execución de sentenzas recaídas en procedemento de faltas. A directora xeral explicou que se observou un aumento das executorias ingresadas en Galicia desde o ano 2004, polo que a solución podería ser que o CXPX, previo informe da Sala de Goberno, acorde -de conformidade coa LOPX- que naquelas circunscricións onde exista máis dun xulgado da mesma clase -e onde o ingreso de asuntos o xustifique- un deles asuma con carácter exclusivo o coñecemento das execucións penais propios da orde xurisdicional. Este acordo de especialización poderá adoptarse a iniciativa das xuntas de xuíces, salas de Goberno e do propio CXPX.
Reforzos
No que se refire a cantos funcionarios de reforzo foron destinados aos xulgados do penal de Galicia, Begoña Santos reiterou a redución do número de asuntos pendentes e destacou que non se teñen recibido peticións neste sentido: “Non podemos acordar unha cousa se os secretarios do propio xulgado non nolo piden”. Sobre cantas prolongacións de xornada houbo nos últimos anos, afirmou que ao longo dos anos 2007 e 2008 se solicitaron á Dirección Xeral de Xustiza catro prolongacións de xornada, das cales o Grupo Técnico da Comisión Mixta -formado por representantes da Sala de Goberno e da Consellería de Presidencia- concedeu dúas, en Pontevedra.