Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, e non existindo candidatos/as nas respectivas unidades, ou non sendo posible a súa cobertura por persoal do órgano, procédese á publicación das seguintes prazas:
XDO. CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 A CORUÑA
Motivo da desocupación: vacante
Corpo: CAX
DECANATO. SERVIZO COMÚN DE APOIO VIGO
Motivo da desocupación: comisión de servizos.
Corpo: CTPA
XDO. 1ª INSTANCIA Nº 13 VIGO
Motivo da desocupación: vacante
Corpo: CXPA
Prazo de presentación de solicitudes: 10, 11 e 14 de novembro de 2016
Mentras que non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán de ser cubertas conforme ao anexo II bis e remitidas por algunha das seguintes canles:
Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.es / Fax: 981546222
A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado, e non deberá achegarse a documentación coa petición, xa que de ser precisa será requerida pola Dirección Xeral.