Grazas a un dos acordos hoxe asinados, poderán realizarse as probas de acceso á profesión de avogado e procurador en lingua galega
O Estado habilitou unha partida para promover as novas tecnoloxías, mellorar a prestación de medios materiais e outras melloras no ámbito territorial de cada comunidade
Segundo o acordo de cooperación asinado, o Ministerio de Xustiza transfire á nosa comunidade un total de 427.611 euros, que serán empregados para mellorar os tempos de resolución dos asuntos ingresados, mediante o incremento na dotación dos recursos humanos e medios materiais necesarios para mellorar e axilizar a xustiza galega.