25 ago 2016

EGAP

logoegap

 NO DOG DE HOXE PUBLÍCASE:
1.-RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2016 pola que se convoca o III Foro de emprego público Temas de actualidade: tendencias e perspectivas poscrise, desenvolvemento autonómico, a negociación colectiva, o directivo público profesional e instrumentos de mellora na xestión de e para as persoas.
TEMAS A TRATAR ENTRE OUTROS:-  O emprego público na saída da crise: novidades recentes e perspectivas de futuro ingreso, A negociación colectiva no emprego público: unha mirada actualizada,  O directivo público profesional, Un novo paso no desenvolvemento lexislativo do Estatuto básico do empregado público: a Lei de función pública de Galicia e a  xestión do conflito: mediación e comunicación-oratoria.
Lugar e data: EGAP,  15 de setembro de 2016. (8 horas).
2.- RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2016 pola que se convoca a xornada titulada Reforma da Constitución, reforma territorial: puntos de encontro.
TEMAS A TRATAR ENTRE OUTROS.- Reforma desexable, reforma rexeitable,  A reforma constitucional: entre a realidade e o desexo,  A cuestión catalá: democracia e Constitución,  O problema de España: un conflito entre a negación e a evidencia, • O Estado autonómico ou o fracaso dun éxito,  Para que se reforman as constitucións?
Lugar e data : EGAP,  12 de setembro de 2016. (7 horas lectivas).