No DOG publicase hoxe  RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2016 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais nivel básico para empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do  27 de agosto ao 5 de setembro de 2016 mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es
O curso é  de teleformación (60 horas edición, do 27 de setembro a0 25 de novembro) e os interesados deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un computador con conexión á internet.
– Un navegador web co plugin de flash.
 CONTIDO DO CURSO.-  Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, 2. Riscos xerais e a súa prevención,  Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención,  Elementos básicos da xestión da prevención de riscos,  Primeiros auxilios e  Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.