20 ene 2016

SPJ-USO ESIXE A DEVOLUCIÓN INMEDIATA DO QUE É NOSO, nos termos previstos na Ley de Orzamentos, a maior brevidade e nun só pago.


logo spj originalCIRCULAR PAGA EXTRA 2012 Disposición adicional décimo cuarta. Recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012 do persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia
“Un. Nos termos establecidos na normativa básica estatal, o persoal do sector público autonómico definido no artigo 13.Seis da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, afectado pola Lei 9/2012, do 3 de agosto, de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público, percibirá durante o exercicio do 2016 unha retribución de carácter extraordinario, en concepto de recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012, do 49,73 por cento dos importes efectivamente deixados de percibir por aplicación do mencionado Real decreto lei 20/2012.