Dende a Dirección Xeral de Xustiza, infórmanos que o prazo máximo para gozar do día de permiso por garda de dispoñibilidade dos días 24 e 31 de decembro é ata o 31 de marzo de 2016.
LEMBRAMOS QUE:
A solicitude debe facerse a través do OPAX, dentro dos permisos AUSENCIA DO POSTO DE TRABALLO e especificar no apartado OBSERVACIÓNS que se solicita por estar de garda os días 24 ou 31 de decembro, e debe achegarse o XUSTIFICANTE DE GARDA e validarse a solicitude polo Letrado da Administración de Xustiza.
Polo que informamos novamente para que todos os que estivestes de garda de dispoñibilidade poidades exercer o voso dereito.