22 oct 2015

PROBLEMÁTICA DOS XULGADOS DO CONTENCIOSO DE PONTEVEDRA

spjgalicia2     SPJ-USO PONTEVEDRA ESIXE A SOLUCIÓN INMEDIATA DA PROBLEMÁTICA DESTES XULGADOS, NOS QUE O FRIO DAS INSTALACIÓNS E A FALTA DE LUZ RECORDAN TEMPOS PASADOS NOS QUE IMPERABA A LUZ DO CANDIL.
     A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, A DELEGACIÓN PROVINCIAL DE VIGO, O XEFE TERRITORIAL DE PONTEVEDRA E OS RESPONSABLES DE MANTEMENTO COMPROMÉTENSE CON ESTE SINDICATO A SOLUCIONAR DE INMEDIATO A PROBLEMÁTICA TERCEIRMUNDISTA QUE ESTÁN A SUFRIR ESTES XULGADOS DENDE FAI UNHAS SEMANAS.

     Tralo frio e penuria que levan pasado estas últimas semanas os funcionarios dos tres Xulgados do contencioso administrativo de Pontevedra, os funcionarios e administrados que pasaron últimamente polas dependencias sitas nos baixos alugados da C/Germán Adrio,  mais que vivos xa parecen mortos viventes (ó estilo Amenabar na película  “Los Otros” ….).
     Pois ben, dende fai xa unhas semanas, e trala instalación duns novos contadores eléctricos intelixentes e limitadores, o día  a dia destes xulgados é o “apagón tras apagón”, e a solución dada ata a data dende a DXX e os responsables provinciais non foi outra que deshabilitar  tódolos radiadores eléctricos e parte das luces para así evitar apagóns (o importante para eles son os apagóns e non a saúde dos funcionarios).
     En principio a solución coherente pasaría por contratar maior potencia de luz, pero a instalación existente non admite  ese incremento, e o desembolso que suporía cambiar toda a instalación sería moi elevado para unhas instalación obsoletas nun baixo de aluguer ata a construcción do novo e  esperado edificio xudicial da cidade do Lérez.
Desde SPJ-USO aplaudimos o cambio da instalación eléctrica, dado que a mesma era nada menos que dos anos 80, aínda que entendemos que antes de acometer a obra debe haber unha mínima previsión das consecuencias e posibles solucións.
     A  dia de hoxe os responsables de mantemento do edificio, cumplindo por suposto ordes superiores, pasan día tras día poñendo todo o seu esforzo en intentar baixar o consumo eléctrico e para iso:
     A pasos lentos están cambiando as luminarias de baixa eficiencia por outras de menos consumo, intentando polo tanto baixar o consumo por iluminación.
E de repente, a pesar das temperaturas baixas das instalacións, intentando evitar a suspensión de vistas, etc, DESCONECTARON DE GOLPE OS 17 RADIADORES ELÉCTRICOS DE QUE DISPOÑÍA A INSTALACIÓN.
Temos que admitir que con esta medida báixase o consumo eléctrico, peroen ningún modo admitiremos para os traballadores unhas condicións de traballo totalmente indignas, coas cazadoras  nos seus postos de traballo.
     Segundo os responsables provinciais, a calefacción central do edificio apágase sobre as 12 do mediodía (ou eso din que pensaban). Pero non é certo, sobre das 7 ou 8 da mañá apágase a calefacción central do edificio de  vivendas, o cal é totalmente insuficiente para manter a instalación a unha temperatura “coherente”.
     Chegados a este punto,  A ADMINISTRACIÓN COMPROMETEUSE TRALAS CONVERSAS MANTIDAS OS DÍAS 21 E 22 DE OUTUBRO, e unha vez lles explicamos a situación a:
     1.- DE MODO INMEDIATO, E PROVISIONALMENTE:
         – Cambiar as luminarias.
         – Habilitar enchufes para a conexión de radiadores de aire se  fosen necesarios.
– Caso de ser necesario, instalarían calefactores de forma provisional conectados    a outra  fonte provisional de enerxía.
         – Garantizar a electricidade para a luz, ordenadores, etc, e sin sobresaltos.
     2.- NO PRAZO MÁXIMO DE 10 DÍAS, E DE XEITO DEFINITIVO:
         – Instalar radiadores de chapa de gas natural con unha nova caldeira.
          O material e a caldeira espérase que se reciban na semana  próxima.
     DESDE SPJ-USO ESIXIMOS UNHAS CONDICIÓNS DIGNAS DE TRABALLO E CASO DE NON SOLUCIONARSE O PROBLEMA NOS TERMOS ACORDADOS TOMAREMOS AS MEDIDAS DE PRESIÓN PROCEDENTES EN  BUSCA DUNHA SOLUCIÓN XA.
SPJ-USO, FEITOS, NON PALABRAS.
Para ver la circular pulsar aquí.