O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) vén de informar que hoxe 15 de outubro porá en marcha un novo servizo no Punto Neutro Xudicial que permitirá aos órganos xudiciais solicitar ao Rexistro da Propiedade a certificación de dominio e cargas á que se refire o artigo 656 da Lei de axuizamento civil para a poxa de bens inmobles.
Segundo apunta o CXPX, “é moi importante que este novo servizo do Punto Neutro Xudicial se utilice unicamente co fin para o que foi desenvolvido: as poxas de bens inmobles”. Só poderá utilizarse para procedementos nos que se acordara a práctica dunha poxa dun ben inmoble.
Para aclarar calquera dúbida poden dirixirse ao Centro de Atención a Usuarios do CXPX (918382680 / cau@cgpj.es).