Na Intranet publícouse a seguinte mensaxe:
Debido a un cambio no número de caracteres nos contrasinais de acceso á OPAX, pode darse a situación de que non poida acceder á aplicación mediante o seu contrasinal habitual e que obteña a seguinte mensaxe de erro:
A clave introducida é incorrecta
Para acceder, deberá inserir os primeiros 6 caracteres do contrasinal que xa posuía anteriormente e engadirlle ao final dous ceros ('6 primeiros caracteres do contrasinal antigo' + 00).
 
Por exemplo, un usuario que inserira antigamente francis como contrasinal, agora para poder acceder terá que inserir franci00.
 
Unha vez que acceda á aplicación, recomendámoslle que proceda a modificar o contrasinal segundo os novos parámetros (mínimo 8 caracteres, máximo 11) por motivos de seguridade.
 
Recordámoslle que tamén pode acceder á aplicación mediante certificado dixital, acceso que non sufriu ningún cambio.
 
Desculpen as molestias.