15 may 2015

A SENTENCIA QUE ANULA PARTE DO DESCONTO DO CAT XA E FIRME

spjusoinforma3Como xa vos informábamos no seu día, O Xulgado Contencioso-administrativo de Ferrol ditou a primeira sentencia que revoca, en parte, os recortes que o Sr. Feijóo nos ven practicando no CAT desde o ano 2013. A sentencia declarouse firme por dilixencia ditada o pasado dia 7 de maio.

Pensamos que a pesares de que hai outras sentencias desestimatorias, esta deixa claro que nos recortes de Feijoó se produce, como tantas outras veces, un agravio para os compañeiros/as da Administración de Xustiza respecto do resto da función pública galega,  polo que acabamos de presentar escrito ante a DXX, esixindo que de manterse os recortes previstos na Lei de presupostos para este ano, cando menos, se nos aplique a mesma fórmula empregada para o resto de funcionarios/as da Xunta, no xeito que recoñece a sentencia ditada en Ferrol.
Non é de recibo que a Xunta novamente nos obligue a xudicializar masivamente as nosas reivindicacions, pero como nos tememos que van ser tan razonables coma sempre, presentaremos solicitude de extensión de efectos da sentencia para que o xulgado se pronuncie sobre si é posible neste caso.
De todas as novidades que se produzan, vos informaremos puntualmente e mesa por mesa, como sempre facemos..
Para ver o escrito presentado ante a DXX, premer aquí.