4 mar 2015

MODIFICACION OPAX

OPAXO Servicio de Persoal de Xustiza, comunicounos no dia de onte o seguinte:
Informámosvos de que nuns días entrará en funcionamento o novo módulo de solicitude, consulta e xestión de permisos, vacacións e licenzas na OPAX.
 Este  novo módulo recolle a petición de todos os permisos e licenzas, sendo a súa tramitación, na maioría dos casos, totalmente electrónica, incluíndo ademáis, como novidade, a carga da documentación xustificativa que se precise a través da propia aplicación.
 O manual sobre o funcionamento do módulo, así como as fichas informativas sobre cada unha das situacións estarán dispoñibles nos apartados correspondentes da propia OPAX.