Publicouse a Resolución do 12 de febreiro de 2014 pola que se ditan
instrucións relativas ao uso da tarxeta de identificación persoal, ao
control do cumprimento da xornada e horarios de traballo e mais á
tramitación das solicitudes de vacacións, permisos e licenzas para o
persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Esta resolución entra en vigor a
partir do día seguinte ao da súa publicación nesta intranet xudicial
(07.03.2014), agás as previsións relativas á sinatura electrónica da
tramitación das incidencias, que entrarán en vigor o día 15.04.2014,
data na que estarán listas as modificacións da aplicación informática
para a súa xestión.
A instrución, ademais de recoller as normas de acreditación e uso da
tarxeta, e o cumprimento da xornada laboral e horarios de traballo,
regula a forma de xustificación de ausencias e incidencias, cuxa cubrición e sinatura deberá de ser electrónica de forma obrigatoria
a través da OPAX, pasando nese momento á estar dispoñibles para os
tramitadores da xefatura ou delegación territorial correspondente para a
súa comprobación e validación.
En canto aos horarios e xornadas especiais, con
independencia do respecto ás condicións fixadas nas respectivas
normativas, calquera circunstancia deberase xustificar coa respectiva incidencia de control horario, tanto as modificacións puntuais que impliquen un cambio de quenda con outro funcionario para o caso das xornadas especiais dos rexistros civís coma os tempos traballados no cumprimento dos servizos de garda.
Neste tipo de servizos, con independencia da marcaxe dos tempos
traballados, deberase de tramitar unha incidencia que recolla os
servizos prestados fóra da franxa horario xeral fixada polo calendario
laboral vixente.
Por último, a instrución tamén regula a bolsa de horas por exceso mensual voluntario na parte flexible do horario. Esta bolsa permite acumular ata un máximo de 22 horas e media anuais,
acumulacións que se farán unha vez deducidos os posibles saldos
negativos no cumprimento do horario mensual. O gozo das horas acumuladas
poderase compensar cunha xornada de libranza por cada sete horas e
media de exceso acumulado (máximo 3 por ano), ou ben solicitando a
redución do horario flexible mensual, sempre con respecto ao límite
máximo anual.
Instrución control horario 2014.