Posiblemente se publicará a Resolución pola que se convocan as bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da administración de xustiza en Galicia, na semana que vai do día 13/01/13 ó 17/01/13.
Presentarase unha soa instancia para os tres corpos e para as catro provincias.
A instancia cubrirase a través do AIX, as persoas que non estean dadas de alta no portal, poderán darse de alta para cubrir a instancia.
Pediuse por todos os sindicatos que fora modificada a orden, no sentido que fora obrigatoria a residencia na comunidade autónoma, ó que a ADMINISTRACION contestou que non se modificará ningún punto da orden de 28 de novembro de 2013, dado que os cambios que se fixeron foron os que indicou a asesoría xurídica.
Como consecuencia disto, poderanse presentar candidatos de outras Comunidades Autónomas, para formar parte das bolsas de Galicia. Cousa que nos prexudica, aínda que teremos preferencia porque nos puntúan o coñecemento do galego.