
Os supostos polos que se percibirá o 100% das retribucións son os mesmos que os previstos para os funcionarios destes corpos no ámbito territorial do Ministerio de Xustiza, e en liña cos regulados noutras comunidades autónomas con competencias na materia.
A nova regulación permitirá evitar a discriminación que se producía entre o persoal suxeito ao réxime xeral da Seguridade Social e o pertencente ao réxime mutualista cando a situación de incapacidade temporal supera a os 180 días. A partir de agora a comunidade autónoma, nos casos que así sexa preciso, completará a prestación da mutualidade para igualar as retribucións entre o funcionarios de Seguridade Social e os da Muxexu.
En canto ás ausencias sen parte de baixa, requirirase a oportuna xustificación, pero a tramitación e efectos destas situacións serán os mesmos que rexían ata agora en tanto se produce a súa regulación.
Para consultar as instrucións para a xustificación da incapacidade temporal prema na seguinte ligazón.