8 oct 2013

Publicado na Intranet. Nota sobre o control horario

logointranet Na Intranet publícouse a seguinte nota informativa en relación co control horario:
“Informamos de que a partir do presente mes de outubro, o balance horario correspondente ao mes anterior estará dispoñible na OPAX a partir de cada día 10. Este cambio faise preciso para poder dar trámite ás incidencias e permisos con repercusión sobre o control horario referidas aos últimos días de cada mes.
Ao mesmo tempo solicitamos que cando menos, unha vez rematado o mes, e antes do día 5 do mes seguinte,se revisen as marcaxes realizadas para así incorporar as incidencias xeneradas con anterioridade á visualización do balance, conseguindo, deste xeito, unha información certa sobre a bolsa de horas acumuladas, e evitando, á súa vez, requerimentos de xustificación por aparentes incumprimentos do horario.”