21 ago 2013

Galicia. Publicado o calendario laboral para o ano 2014

Logo XuntaRecordamosvos que, no DOG do día 8.8.2013, publícase o DECRETO 127/2013, do 1 de agosto, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2014.  A estas, hai que engadir dous festivos locais en cada concello.

É preciso sinalar que, ao coincidir o 12 de outubro en domingo, a Comunidade Autónoma de Galicia opta por substituílo polo 17 de maio, Día das Letras galegas.

Polo tanto, o calendario laboral quedará configurado así:

FESTIVIDADE
DATA
Aninovo 1 xaneiro mércores
Día de Reis(**) 6 xaneiro luns
Xoves Santo(**) 17 de abril xoves
Venres Santo (*) 18 abril venres
Festa do Traballo(*) 1 maio xoves
Día das Letras Galegas(***) 17 maio sábado
Día Nacional de Galicia(**) 25 xullo venres
A Asunción(*) 15 agosto venres
Todos os Santos(*) 1 novembro sábado
Día da Constitución(*) 6 decembro sábado
A Inmaculada(*) 8 decembro luns
Nadal(*) 25decembro xoves
(*)Festa de carácter nacional non substituíble

(**)Festa de carácter nacional sobre a que a Comunidade Autónoma non exerceu a facultade de substitución
(***)Festa propia da Comunidade Autónoma