Publicado no blog vellapontevedra.
Unha das romerías mais importantes e de mais fervor da nosa vila, a do
santo máis milagreiro, a de San Benitiño de Lérez, foi grabada coas
cámaras do NO-DO en 1977 nun documental que podíase ver nos cines de
entón e previo á emisión da película. A verdade e que xa quedan lonxanos
aqueles vellos recordos de ir a levarlle as velas o santo pola mañan
naqueles troles cheos de xente que che deixaban no “empalme” e xa logo
pola tarde nos “salóns” do Lérez dabas boa conta das empanadas, as
sardiñas e o viño. O video e para disfrutar e ata algún seguro que
se recoñece, claro está que con 36 anos menos.